ConcellosO BarcoÚltima hora

Aberta a inscrición para o Mercadiño de Nadal do Barco, previsto do 17 ao 18 de decembro

Imaxe da pasada edición do Mercadiño de Nadal do Barco./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco vén de informar da apertura de inscricións para a nova edición do Mercadiño de Nadal, que se celebrará os días 17 e 18 de decembro. A Concellería de Turismo ten aberto o prazo de inscricións para os interesados en participar nesta feira, que contará cun máximo de 20 casetas (con postos de artesanía, doces, queixos ou agasallos), e que se instalará, coma sempre, na Praza do Concello.

Tanto a inscrición como a solicitude de información pode realizarse a través do seguinte mail: concelleria.turismo@concellodobarco.org.

Artigos relacionados

Back to top button