ConcellosO BarcoÚltima hora

Aberta a inscrición para participar na Festa das Pandillas do Cristo 2023 no Barco

Imaxe da pasada edición da Festa das Pandillas do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello do Barco vén de abrir a inscrición para a Festa das Pandillas das Festas do Cristo no Barco. Comezará cun concerto de “Los Íñigos” de acceso libre para todo o público, e continuará cun xantar popular, para o que é necesario que as pandillas se inscriban previamente.

A inscrición para o xantar terá un custo de 5 euros por persoa, que se pagarán o día de celebración da Festa, no espazo habilitado para a mesma na Praia Fluvial. Cada pandilla nomeará a un representante, que será o encargado tanto de facer o pago como de recoller todas as acreditacións da pandilla á que represente.

As inscricións poden realizarse de xeito presencial, no terceiro andar do Edificio Multiusos, por correo electrónico na dirección de mail cultura@concellodobarco.org, ou por medio do formulario ao que se accede no seguinte enlace:

https://forms.gle/oaCazc2JobDQsFiKA

 

Artigos relacionados

Back to top button