CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Abertal celebrará o 17 de maio cun pasarrúas e un acto na honra a Xela Arias na praza do Concello da Rúa

Membros de Abertal nunha actuación no Centro Cultural Avenida. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Como gran defensora da lingua e cultura galegas, a música e arte de Abertal non pode faltar cada 17 de maio, Día das Letras Galegas. O ano pasado, en plena pandemia, non houbo celebracións. Po iso a Escola de Baile e Música Tradicional da Rúa compartía un vídeo nas redes sociais con bailes e o son da pandeireta, das gaitas e do coro dende a casa.

Un ano despois a melloría na situación e o fin do estado de alarma permite xa certas licenzas polo que o baile e o son de Abertal si poderá verse e escoitarse en directo na Rúa. Será o vindeiro luns, 17 de maio, pola tarde nun acto que comezará en torno ás seis e media cun pasarrúas pola vila. E xa a partir das 19 hora terá lugar a conmemoración na praza do Concello.

Tal como adianta o director da agrupación, Manolo Durán, colocarán cadeiras na parte de abaixo da praza para que o público poida estar sentado cumprindo coas medias sanitarias que aínda seguen vixente e, durante unha hora aproximadamente, sucederanse as actuacións dos membros de Abertal. “Falaremos de Xela Arias, leremos algún poema e haberá un pouco de todo: baile e pandeireta dos máis pequenos, algo da banda de gaitas, baile dos maiores,… Tamén teremos un posto con camisetas e CD’s á venda”, explica Durán.

Artigos relacionados

Back to top button