Igual que fixera o ano pasado, a Asociación Cultural Abertal organiza unha xornada de portas abertas dirixida aos rapaces e rapazas de 4 a 12 anos que desexen probar as disciplinas de baile tradicional, pandeireta, tamboril e bombo que se imparten na escola.
Así, o vindeiro venres 7 de outubro ás 18 horas na Casa da Cultura da Rúa, os profesores amosarán a súa ensinanza e as nenas e nenos poderán practicar in situ calquera delas.