A recentemente reformada rúa Doutor Vila era nesta ocasión o escenario escollido pola Asociación Cultural Abertal da Rúa para delebrar o festival de fin de curso da escola de música e baile tradicional.
Alí actuaban na tarde deste venres 28 de abril todos os seus membros, dende os máis pequeniños ata os maiores. Con pezas de baile, de pandeireta, da banda e de acordeón. En pequenos grupos segundo o nivel, foron amosando o seu arte e o aprendido este ano, diante do atento público.
Coas camisetas oficiais da asociación, e ao ritmo de xotas, pasodobres e muiñeiras, Abertal poñía así o broche ao curso 2023/2043, rematando a celebración cunha pinchada e festa rachada.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.





