CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Abertal presenta o seu disco “Co noso acento” na Radio Galega Música

Varios dos seus membros, co director Manuel Durán á cabeza, asistían ao programa "Lume na Palleira"

Maribel, Pedro, Mari Carmen e Concha diante do edificio da Radio Galega. /Foto cedida.

 

Algo máis de dous meses despois da presentación oficial en casa, no Centro Cultural Avenida da Rúa, Abertal presentaba o libro-disco Co noso acento na Radio Galega.

Ata o estudo da emisora en Santiago de Compostela se desprazaban na tarde do 20 de outubro representantes da agrupación de música e baile tradicionais, para participar no programa Lume na Palleira (especializado na música folk e tradicional, conducido por Emilio Españadero) sobre o seu terceiro disco editado xunto a un libro de 160 páxinas coa historia dos “seis lustros” de Abertal.

Xunto ao director da agrupación Manuel Durán e á súa muller Concha, tamén foron á presentación, Maribel Campos, Pedro Leyte e Mari Carmen Calvo.

 

Mari Carmen Calvo na emisora. /Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button