
O programa destea noite de Luar chega cargado de emoción coa gran final de “O Mellor Década Casa” entre Sergio Pazos e Luis Iglesia Besteiro; e moita música.
Será a primeira semifinal en Recantos e contará coas actuacións de Juan Valderrama Caballero, a Orquestra Principal, Sabela Silva, Paco e Pepe, e Abertal da Rúa.
A agrupación tradicional da Rúa volve así a Televisión de Galicia, despois de ter protagonizado un dos capítulos do novo programa “Eu quero…”. Sobre o escenario do Luar ofrecerá dúas pezas: unha de pandeireteiras e outra dun grupo musical con grupo de baile.