CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Abertal únese, dende a casa, á festa das Letras Galegas

A Escola de Baile e Música Tradicional da Rúa compartiu un vídeo nas redes sociais

 

Uns bailan, outros cantan e outros tocan (a gaita, a pandeireta, o acordeón, o pandeiro,…). Iso é o que fan durante todo o ano os membros da Escola de Baile e Música Tradicional Abertal da Rúa e que recolleron neste vídeo gravado para conmemorar o Día das Letras Galegas 2020, e compartido a través das redes sociais.

Como gran defensora da lingua e cultura galega, a música e arte de Abertal (agrupación fundada e dirixida por Manuel Durán) non podía faltar neste 17 de maio, aínda que este ano tivo que ser dende a casa, onde continúan alumnos e profesores polo estado de alarma decretado hai xa máis de dous meses a causa do coronavirus.

 

 

Montaxe do vídeo a cargo de Mendello TV.

Artigos relacionados

Back to top button