
Dende o 3 de xuño están abertas as inscricións para a XIX Concentración Mototurísica organizada polo Moto Club Os Esquíos de Trives que se celebrará do 12 ao 14 de xullo.
O programa arrincará o venres ás 19 horas coa apertura de inscricións e rematará o domingo co xantar, entrega de premios e despedida. E entre medias haberá, coma sempre, rutas (turístico-gastronómicas, de bengalas e baritíma co tradicional porco ao espeto), exhibición acrobática e moita festa.
As inscricións, limitadas a 450 só poden realizarse a través de GASLAP, Neste enlace ou no código QR que aparece no cartel.




