Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Abertas as inscricións para o 6º e último Gran Premio de Montaña A Rúa

A proba, organizada polo Club Atletismo Rúa, celebrarase o 2 de outubro

Participantes na anterior edición do Gran Premio de Montaña A Rúa. /Foto: Elba Arias.

 

O Club Atletismo Rúa leva xa tempo preparando a 6ª edición do Gran Premio de Montaña A Rúa previsto para o 2 de outubro, a que seguramente sexa a última carreira de montaña que organicen.

Será o último asalto á Serra de Cereixido que novamente puntuará como proba oficial da Federación Galega de Montañismo, ademais da Copa Galega, da Liga de Ourense de Trail, da UTMB World Series Qualifiers e da ITRA, cun límite de inscrición de 200 deportistas e con varias opcións: maratón, trail, minitrail e andaina.

Con saída un ano máis dende o adro da igrexa de Fontei, a primeira proba en saír, ás 8:45 horas será o maratón, cun percorrido de 45 km. A seguinte modalidade que sairá, ás 9:15 horas será o trail sobre unha distancia de 24 km. Quince minutos despois, sairá a andaina, de 16 km, sendo a última modalidade en saír, ás 9:40 horas será o mini trail cun percorrido de 17 km, e todas pasarán polos montes da Rúa.

 

 

Será un gran evento deportivo no cal se poderá facer unha aportación solidaria a Peludines Callejeros de Valdeorras no momento de facer a inscrición na web www.deporticket.com.

De forma paralela á carreira de montaña, dende Altetismo Rúa poñen en marcha as súas escolas deportivas para o curso 2022/2023, para rapaces a partir de 5 anos en adiante. As inscrición deben facerse a través do correo electrónico atletismorua@gmail.com cunha cuota anual de 50 euros que inclúe seguro, ficha federativa e camiseta.

 

Artigos relacionados

Back to top button