DeportesEnduroÚltima hora

Abertas as inscricións para o Enduro e Enduro Clásicas de San Xoán de Río

A 4ª proba da Liga Galega da Moto de Campo celebrarase o 27 de maio

 

O sábado 27 de maio celebrarase en San Xoán de Río a 4ª carreira da tempada de enduro da Liga Galega da Moto de Campo para a que xa están abertas as inscricións.

Pola mañá celebrarase a carreira dos nenos, Mini Enduro, e xa de tarde a dos adultos que inclúe tamén a modalidade de clásicas: Vintage (dous amortiguadores, frenos de tambor e refrixeración por aire); Evo (motos de enduro ata o ano 1990) e Superevo (motos de enduro e trail desde 1990 a 2004).

O Mini Enduro é puntuable para a Copa Galega e para a Copa Deputación; e o Enduro e valedeiro para a Copa Deputación.

 

Artigos relacionados

Back to top button