CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Abertas as inscricións para o Torneo de Fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup’ do CD Barco

O campionato celebrarase do 5 ao 9 de xuño no Campiño de Viloira

Participantes na anterior edición do torneo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ás portas do verán e tralo éxito de convocatoria no “partido dos nenos” que enchía Calabagueiros, o Centro de Deportes Barco abre as inscricións do Torneo de Fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup’ que se celebrará do 5 ao 9 de xuño, coma sempre no Campiño de Viloira.

Trátase dun campionato no que non participan clubs propiamente ditos senón que os equipos están formados por amigos, xente afín co obxectivo de pasalo ben para as categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil.

 

 

O torneo conta coa colaboración de Ocio y Deporte Valdeorras, da Deputación de Ourense e do Concello do Barco e coma sempre haberá premios para os catro primeiros clasificados e tamén trofeo para o mellor xogador e porteiro de cada categoría.

As inscricións, coma sempre totalmente gratuítas, poden facerse en Peluquería Nilo (WhatsApp: 667 40 43 30) e no teléfono de Agustín (WhatsApp: 680 46 15 28).

 

Artigos relacionados

Back to top button