OurenseÚltima hora

Abertas as inscricións para participar na ‘Arnoia Termal Sports’

O evento deportivo volve ao seu formato orixinal e ofrecerá probas de natación, ciclismo e atletismo

 

O Inorde organiza co apoio de Turismo de Galicia unha nova edición do ‘Arnoia Termal Sports” que volve ao seu formato orixinal ofrecendo os días 9 e 10 de xullo, competicións de natación, ciclismo e de carreira. Trátase dun formato pensado para chegar a deportistas de diferentes disciplinas co fin último de atraer ao maior público posible e potenciar os recursos termais e naturais do territorio e o seu atractivo turístico.

Para elo, proponse para o sábado, 9 de xullo, pola mañá unha travesía a nado con dúas posibles distancias de 1.200 con saída ás 10:15 horas, e de 3.000 metros que sairán ás 10 horas. Pola tarde, unha proba de cronoescalada en ciclismo de estrada de 9,5 km que rematará no alto da Lapela e que supera nalgúns tramos máis do 22% de desnivel. Por último, para o domingo a partir das 10.30 horas, será a quenda para a carreira de 8 km. Todas as saídas realizaranse desde o embarcadoiro de Arnoia, e os interesados en participar xa poden inscribirse nalgunha das probas propostas ou no desafío completo.

Máis información e inscricións: https://www.deporticket.com/web-evento/6914-arnoia-termal-sports

Artigos relacionados

Back to top button