EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Aberto ata o 15 de decembro o prazo para as axudas do Igape para adquisión de uva

Presentábanse esta mañá nas denominacións de orixe Valdeorras e Ribeira Sacra

 

O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado polo director financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Alberto Vivero, visitou hoxe os consellos reguladores das denominacións de orixe Valdeorras e Ribeira Sacra para presentarlle aos bodegueiros as axudas do Igape para a adquisición de uva.

 

 

O prazo de solicitude destas axudas está aberto dende o 25 de outubro, sendo subvencionables os préstamos formalizados con esta finalidade dende o pasado 1 de setembro, e finalizará o 15 de decembro. Posteriormente, os beneficiarios terán ata o 31 dese mesmo mes para formalizar as operacións de préstamo. Antes do 30 de xuño de 2024, e unha vez feitos os pagos da colleita, as adegas deberán solicitar o cobramento da axuda ao Igape.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Acto na Ribeira Sacra./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button