
Cun divertido espectáculo de novo circo para público familiar, o desfile de comparsas e folións e o tradicional “enterro da Sardiña” se celebrará o Entroido na Rúa.
O día adicado aos máis pequenos será o domingo 19 de febreiro, co espectáculo ‘Petit Cabaré Pistacatro’ ao que acompañarán divertidas sorpresas de Entroido. Será ás 17:30 horas no Centro Cultural Avenida.
O desfile de comparsas e folións será o Martes de Entroido, 21 de febreiro, a partir das 16:30 horas con saída da rúa Irmáns Xurxo (xunto á Residencia Nosa Señora de Fátima), con axudas e premios especiais recollidos nas bases reguladoras publicadas en www.arua.gal. As inscricións estarán abertas ata o luns 20 de febreiro ás 14h horas no Concello.
E por último, o mércores 22 de febreiro terá lugar o tradicional ‘enterro da Sardiña’ organizado por A Ruada. Comezará ás 20 horas co velorio no adro da Igrexa de Santo Estevo e rematará na praza César Conti coa queima da Sardiña e os Lardeiros.