CulturaCulturaÚltima hora

Aberto o prazo de inscrición para o curso 2022-2023 da Asociación Cultural Abertal, na Rúa

Impartiranse clases de gaita, acordeón, baile, percusión, pandeireta e canto

 

Dende o 15 de agosto e ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o novo curso 2022-2023 da Asociación Cultural Abertal, na Rúa, que este ano comeza no mes de setembro.

Os impresos de matrícula para os cursos de gaita, acordeón, baile, percusión, pandeireta e canto, están dispoñibles nas dependencias do Concello, na Biblioteca Municipal e na Casa da Cultura.

Dende Abertal tamén informan de que teñen participacións de 5 euros, do número 27.671 da Lotaría de Nadal. Quen desexe mercar pode ir á Casa de Cultura da Rúa e tamén están a disposición en diferentes locais de hostalaría da localidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button