Como cada verán o CD Rúa ten xa preparado o Campus de Fútbol de Verán para nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.
Coa colaboración do Concello da Rúa e da Deputación de Ourense o campamento desenvolverase coma sempre no campo de herba artificial Vicente Solarat Maceda mantendo tres quendas no mes de xullo: do 1 ao 5, do 8 ao 12 e do 15 ao 19.
O horario desta VII edición será de luns a venres de 9:30 a 14 horas e a data límite para inscribirse é o 19 de xuño. O prezo irá en función das semanas (1, 2 ou 3), de se os nenos pertencen ou non do CD Rúa e de se os inscritos son irmáns.