EconomíaEconomíaÚltima hora

Aberto o prazo de reservas para a VIII Festa do Botelo do Barco na Coruña, que se celebrará o 11 de febreiro

 

Desde hoxe está aberto o prazo de reservas para asistir á comida da VIII edición da Festa do Botelo do Barco en Coruña, que se celebrará o sábado 11 de febreiro no Hotel Finisterre, organizada en colaboración co Concello do Barco.

Nesta edición, ademais da comida, co botelo como protagonista, celebrase un Túnel do Viño dirixido polo recoñecido enólogo Luis Paadín, en cuxa celebración colabora a Ruta do Viño de Valdeorras.

Coma sempre, o menú está composto por empanada de maravallas e sopa de cocido, como entrantes, para seguir logo co prato principal, composto de botelo, chourizos, cachelos e repolo. Como sobremesa, bica e todo servido con vinos godello e mencía de Valdeorras, rematado con café e selección de licores de Valdeorras.

 

 

As actividades comezarán ás 13 horas, coa entrega de acreditacións e inicio do Túnel do Viño, no que se presentarán referencias de viños das máis de 15 bodegas integrantes da Ruta do Viño de Valdeorras, baixo o asesoramento de dous expertos sumilleres. O xantar servirase ás 14:30 e a partir das 16:45 haberá música en directo no propio restaurante.

O prezo establecido para esta edición da Festa do Botelo do Barco na Coruña é de 44 euros por persoa, e as prazas están limitadas a 200 comensais como máximo, que teñen que reservar a súa praza antes do 8 de febreiro. As reservas deben realizarse mediante ingreso ou transferencia na Conta IBAN ES95 2080 0000 7230 4027 8346, da que é titular PAADIN EVENTOS S.L., ou facendo un BIZUM ao 606 738 242.

Para que a reserva poida formalizarse, deben indicarse os seguintes datos: nome e apelidos de quen fai a reserva, número de teléfono, e nome do grupo co que desexa compartir mesa. Para a retirada das entradas e acceso ao evento é obrigatorio presentar o xustificante do pago ou transferencia.

Artigos relacionados

Back to top button