ConcellosO BarcoÚltima hora

Aberto o prazo de reservas para o xantar da I Festa do Botelo do Barco en Madrid

Terá lugar o vindeiro 9 de marzo na Casa de Galicia

 

Desde hoxe, luns 19 de febreiro, poden facerse as reservas para participar no xantar da I Festa do Botelo do Barco en Madrid, que terá lugar o vindeiro 9 de marzo na Casa de Galicia.

Hai un total de 100 prazas dispoñibles a un prezo é de 55 euros por comensal e cada persoa poderá reservar como máximo 5 prazas. O menú estará composto de sopa de botelo, botelo con chourizos, grelos, garabanzos e cachelos. Viños e licores da D.O. Valdeorras e, de sobremesa, filloas con mel e leite frito.

O día anterior celebrase un encontro con xornalistas especializados en gastromonía e restauradores madrileños no Centro Galego. Nese encontro do venres día 8 celebrarase un túnel do viño dirixido polo enólogo Luis Paadín, no que se fará unha maridaxe entre viños de Valdeorras e pratos elaborados con botelo.

 

Artigos relacionados

Back to top button