ConcellosÚltima hora

Aberto o prazo para participar no Festival de Xardíns de Allariz

O Concello recibirá as propostas até o 30 de novembro
O certame celebrará en 2017 a súa oitava edición.
O certame celebrará en 2017 a súa oitava edición.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz comeza a prepararse para a súa edición de 2017 e abre o prazo para recibir as propostas até o 30 de novembro. Baixo a temática de “Xardíns da Memoria”, recolleranse ideas de espazos naturais deseñados para evocar a historia da paisaxe, da arte e da xardinería. Poden participar paisaxistas, arquitectos, estudantes, xardiñeiros e todas aquelas persoas relacionadas co mundo da xardinería e o sector verde.

Posto en marcha no 2010, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz naceu co obxectivo de conseguiro seu propio espazo no panorama internacional dando a coñecer a arte do xardín e a importancia dos espazos verdes. Neste senso, cabe lembrar que a vila foi declarada como Reserva da Biosfera.

Entre as propostas recibidas, o xurado elixirá 10 proxectos que serán executados e exhibidos como finalistas en 2017. Esa decena de espazos competirán polo voto dos visitantes, máis de 40.000 persoas que cada ano se achegan a Allariz a ver o espectáculo.

Artigos relacionados

Back to top button