ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

Abre as portas en Rubiá unha mostra de xoguetes antigos que convida a “descubrir a maxia da nostalxia”

É unha colección privada de José Ramón Moral que poderá verse ata o 31 de xaneiro na Casa da Cultura

 

Aínda que xa celebraron o “Mercadillo” a comezos de mes, era na tarde deste domingo 17 de decembro cando arrincaba oficialmente o Nadal no concello de Rubiá. Facío na Casa da Cultura coa inauguración da exposición “Tesouros do Pasado” da colección de xoguetes dos anos 70 e 80 que José Ramón Moral, con raíces en Rubiá por parte paterna quixo compartir coa poboación.

 

 

Na sala pode verse unha infinidade de pezas, delicada e estratéxicamente colocadas en 25 vitrinas, a maioría de fabricación española. Playmobil, Geiper Man, Madelman, Scalextric, bonecas de Famosa, Barriquitas, coches, e mesmo os típicos xoguetes que mercabas nos Quioscos por 1,2 ou 5 pesetas. Tamén de madeira, de lata, revistas, pósteres e ata un tren.

 

 

Moitos dos xoguetes son os que o propio José Ramón conservou ou recuperou da súa infancia e outros foinos conseguindo ao longo dos anos. “Agora todo vai moito máis rápido e dancho case todo feito mentres que antes tiñas que buscarte a vida incluso para xogar”, asegura nostálxico, recoñecendo que é un romántico e dos que pensa que “calquera tempo pasado foi mellor”.

 

Son verdadeiras reliquias que poderán verse ata o 31 de xaneiro de 2024 en diferentes horarios. Para grupos, colexios ou asociacións é necesaria inscrición previa. De feito para a semana xa recibirán aos primeiros colexios.

 

 

A exposición, coa que colabora o Concello é a gran novidade do programa de Nadal deste ano, como unha actividade máis para facer en familia. De feito, a mostra está pensada para nostálxicos pero é tamén moi recomendable para os pequenos que poden pasar un rato entretido, vendo e incluso facendo (tamén se recrea a habitación dun neno) algúns dos xoguetes cos que xogaban os seus pais.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button