EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Abre as portas o Café Bar ANJ3L, local de hostalaría en plena praza de Viloira (O Barco)

 

Dende a tarde deste venres 5 de maio o municipio do Barco de Valdeorras conta cun novo local de hostalaría. En plena praza Otero Pedrayo, en Viloira, da man de Bruno Carrera e Jennifer García, o antigo Café Bar San Martiño reabría as portas, completamente reformado e co nome de ANG3L, cargado de significado.

Tal como explica Bruno, o nome fai referencia a tres persoas moi imporantes na súa vida: a súa filla Antía (AN), o seu fillo Jesús (J) e o seu irmán Jess (3), xogador de fútbol sala con este número falecido hai anos nun accidente de coche.

 

 

Decorado en tons grises e con mensaxes na parece central, o horario do bar é de luns a sábado a partir das 06:30 horas e domingo a partir das 08:00 horas, converténdose nun novo punto de encontro para tomar un café, unhas copas e tamén degustar uns pinchos.

Para a inauguración contrataron un inchábel instalado na praza, onde está terraza do bar, no que desfrutaron os nenos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button