ConcellosÚltima horaVerín

Abre as súas portas a Feira de Mostras do Lázaro en Verín, con máis de 50 expositores e múltiples actividades

Desenvolverase ao longo desta fin de semana no polideportivo da vila e forma parte do completo programa do Lázaro 2024

 

Máis dunha máis vintena de actividades, distribuídas por todo Verín e pensadas para todos os segmentos de público e todas as idades, desenvolveranse durante esta fin de semana nesta vila con motivo da tradicional celebración do Lázaro. Esta mañá de sábado abríase ao público  ás 11:15h. a feira de mostras de artesanía e alimentación, ubicada no Pavillón Municipal de Deportes e repleta de actividades variadas como obradoiros, cata e maridaxe de viños, ambientación musical ou catas de produtos de alimentación.

Viños da D.O. Monterrei, olaría, cestería, coiro, porcelana, cerámica decorativa, xoiaría en prata, traballos en fieltro, roupa artesá, coitelaría, alfarería, instrumentos musicais, xabóns artesanais, artigos personalizados, pintura, serán algúns dos sectores e produtos que se poderemos encontrar na nos más de medio cento de expositores que participan este ano na feira.

 

 

Numersoas persoas percorrían ao longo deste sábado o recinto feiral, en cuxa área de actividades tamén se desenvolvían propostas como unha cata de queixos de cabra confitados e a marisaxe “Sabores con sostibilidade” entre elaboracións de Begoña Vázquez, do restaurante O Regueiro da Cova, e viños da D.O. Monterrei, da man do seu director técnico, Miguel López.

Por outra banda, nas proximidades do pavillón pode visitarse unha mostra de vehículos novos e de ocasión. E este ano, como novidade, a área de Feiras do Concello de Verín organizará a primeira edición do concurso gastronómico “Pincha no Lázaro”. Do 14 ao 16 de marzo, tanto veciños como visitantes terán a oportunidade de converterse en críticos gastronómicos e elixir o seu pincho favorito. Ademais, os participantes optarán a un bono de 100€ para desfrutar en calquera dos establecementos de hostalería que participen no concurso.

 

 

Tamén en primicia instalarase na Praza García Barbón un divertido carrusel infantil, do 16 ata o 31 de marzo*. O horario de apertura será: Mañá: 11.30 a 14.30 h e tarde: 16.30 a 20.30 h.

 

 

Nesta fin de semana tampouco faltarán as actividades deportivas. Así neste 16 de marzo estaban previstos os seguintes eventos: ás 10:30 horas, o Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín (participan: Club Natación Verín, Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo, Flavitus Nataçao Clube, Nataçao C.Chaves, Club Escualos de Ourense) e o partido de veteranos de fútbol entre o A.D. Veteranos Verín e o G.D. Chaves, no Complexo Deportivo de A Granxa, ás 17:30 horas.

Fotos: Concello de Verín (as tres primeiras da galería) e Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button