EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Abre na Rúa Plenus, o novo supermercado do Grupo Cuevas

O establecemento comercial está ubicado na rúa Progreso e ten uha superficie de 655 metros cadrados

A localidade valdeorresa de A Rúa conta dende hoxe cun novo establecemento comercial. Trátase do supermercado que o Grupo Cuevas vén de abrir baixo a marca Plenus. Ubicado na céntrica rúa Progreso (fronte á praza do Concello, no local no que estaba El Árbol) a tenda conta cunha superficie de 655 metros cadrados e dez empregados.

A marca Plenus foi creada en 2011 mediante un formato novidoso en España, cun concepto pensado para tendas de proximidade, “tanto para pequenas como medianas poblacións, centrado en lograr unha importante redución de custos sen afectar á máxima calidade dos produtos, e cunha clara aposta pola sección de frescos e os produtos galegos, así como unha oferta capaz de combinar primieras marcas e prezos moi competitivos, con aproximadamente 3.000 referencias”, explican dende a empresa ourensá.

Con esta nova apertura, Cuevas “intensifica o seu interese polo oriente ourensán e duplica a rede deste tipo de centros en Galicia en pouco máis de dous anos e medio, acadando xa os nove supermercados e unha superficie conxunta que se aproxima aos 5.000 metros cadrados repartidos entre Ourense, Lugo e Pontevedra”, din dende o grupo que o vindeiro ano celebrará o 150 aniversario.

Artigos relacionados

Back to top button