DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Ábrese a tempada de natación artística na piscina Rosario Dueñas de Ourense

Mañá celebrarase a primeira xornada de figuras alevín/ infantil e o campionato de rutinas técnicas júnior

 

Mañá, sábado 23 de novembro, a piscina Rosario Dueñas de Ourense acollerá a primeira competición de natación artística da tempada coa 1ª xornada de figuras alevín/ infantil e o campionato de rutinas ténicas júnior.

Tal como avanzan dende o Club Sincro Ourense, organizador da proba en colaboración coa FEGAN, a este campionato acudirán preto de 150 nadadoras de distintos clubs de Galicia: CN Portamiñá, C Galaico Sincro, C Sincro Pontevedra, RC Náutico Vigo, C Sincro Ferrol, C Coruña e o anfitrión Sincro Ourense.

O evento desenvolverase en dúas sesións: a de figuras pola mañá para as categorías alevín (Perna de Ballet, Barracuda, Kip, Peixe Espada) e infantil (Ariana, Rio, Marzopa Tirabuzón, Seagull); e a de rutinas pola tarde para a categoría júnior (só técnico, dúo técnico e equipo técnico). O Sincro Ourense competirá en todas as modalidades con 29 nadadoras e a competición acabará coa entrega de medallas da modalidade de rutinas júnior.

Este campionato será a antesala do nacional de figuras infantil e rutinas técnicas júnior que se celebrará en Madrid a finais de mes.

Fotos: Sincro Ourense

Artigos relacionados

Back to top button