OurenseÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido 2019 de Verín

Os desfiles serán o domingo 3 de marzo ás 12h. e o martes día 5 ás 16:30h.

O Entroido peta xa na porta e en Verín hai tres datas especialmente sinaladas: o Xoves de Comadres, o Domingo e o Martes de Entroido.

A asistencia á “noite das mulleres” é libre pero para participar nos desfiles é necesario anotarse previamente. Por iso, o Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen asistir este ano, tendo ata o venres 1 de marzo ás 14 horas para facelo. Os interesados poderán achegarse ata a Oficina de Información turística de Verín para facer efectiva as súas proposta (de 10 a 14 e de 16:30 a 20 horas).

Tal como avanzan dende o Concello, a orde e colocación do desfile irá a criterio da organización e será concretada na reunión organizativa que terá lugar o mércores 27 ás 20 horas, na Casa da Cultura.

Os horarios dos desfiles serán ás 12h. o domingo e ás 16:30h. o martes, e as comparsa ou carrozas que participen deberán estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída, para que a organización poda colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na Avenida de Castela. Ademais, aquelas carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da n-525, chegando ata a rotonda da Casa do Escudo, se queren dar a volta, e quedándose unicamente no carril dereito agardando a que o desfile remate para ir ao seu destino. “É Importante que deixen sempre un carril libre para os vehículos dos servizos de emerxencia mentres realicen a espera”, puntualizan dende a organización.

Domingo de piñata

Os participantes nos defiles poderán ademais asistir (previo pago) ao xantar que se realiza ese día. As entradas recolleranse no restaurante no que se fará o xantar.

Artigos relacionados

Back to top button