OurenseÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición para a terceira edición da “Gladiator Race”

A proba, que desafiará aos mellores corredores do ámbito nacional, celebrarase o 22 de outubro

 

Dende hoxe a partir das 19 horas estará aberto o prazo de inscrición para a terceira edición da “Gladiator Race”, a proba organizada polo Inorde co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, que desafiará aos mellores corredores do ámbito nacional.

A “Gladiator Race” volve neste 2022 á provincia de Ourense cun formato único en España, ofrecendo aos participantes un percorrido de 5 quilómetros con máis de 25 obstáculos que inclúen subir por pirámides, zonas de equilibro, probas de forma e moitas aventuras máis, que se desenvolverán no complexo turístico do Corgo, en Muíños, en pleno corazón do Parque Nacional do Xurés.

O evento celebrarse o vindeiro 22 de outubro en horario nocturno, a partir das 20 horas, polo que os participantes estarán obrigados a levar frontal luminoso xa que o 90% do percorrido estará sen iluminar. Trátase dunha experiencia que está aberta a todo tipo de público e que se poderá disputar de xeito individual ou por equipos de mínimo 5 integrantes.

Os interesados en participar poderán anotarse a través da páxina web: https://www.deporticket.com/web-evento/7667-gladiator-race-night-edition

 

Artigos relacionados

Back to top button