CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ábrese o prazo para inscribirse no Campamento de Verán do Concello do Barco

Fotografía do CEIP Condesa de Fenosa, no Barco, onde se desenvolverá o campamento.

 

Mañá, martes 6 de xuño, abrirase o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Imaxina, conta e crea un mundo con Momo”, organizado polo Concello do Barco e a Asociación Vagalume. O curso desenvolverase nas instalación do CEIP Condesa de Fenosa entre o 3 de xullo e o 31 de agosto próximos, con horario de 10 a 13,00 horas, e opción de ampliar a estancia dos participantes entre as 9 e as 14,00 horas.

A recollida das follas de inscrición e entrega das mesmas, unha vez cumprimentadas, pode facerse tanto na Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán como na librería Praxis. As inscricións, que estarán abertas ata o día 25 de xuño, teñen que ser como mínimo por períodos quincenais, cun prezo de 50 euros por cada quince días de estancia, e 90 polo mes completo. Se os interesados queren unha ampliación de horario, o custo é de 15 euros por cada hora extra do servizo de agarda.

Polo momento non hai prazas limitadas, xa que se espera poder atender a todas as solicitudes que se tramiten. O ano pasado foron 250 os nenos que participaron no campamento urbano de verán organizado polo Concello e a Asociación Vagalume, e para o campamento deste ano esperase unha demanda parecida.

Os nenos participantes estarán atendidos por unha coordinadora e 12 monitores, e gozarán de actividades de contos creativos, excursións, obradoiros, manualidades, xyncanas, piscina, orientación, xogos en familia…

Artigos relacionados

Back to top button