ConcellosEntroido 2024QuirogaÚltima hora

Ábrese o prazo para participar no desfile de comparsas do Entroido en Quiroga

Será o domingo 11 de febreiro ás 17 horas

Desfile de Entroido pola rúa central de Quiroga./ Foto: Mónica G. Bellver.

O Concello de Quiroga presenta  as bases do concurso-desfile de comparsas que terá lugar o domingo 11 de febreiro ás cinco da tarde, e que sairá  da rúa Piscinas para percorrer a rúa Real ata a Casa Consistorial onde rematará cun baile de disfraces e unha invitación a chocolate con churros.

Neste desfile poden participar todas as persoas que o desexen, tanto do Concello coma doutros, sempre e cando se acollan ás dúas modalidades de participación  estipuladas: comparsa (integrada polo menos por dez membros) e disfrace individual (que como máximo agrupará tres membros por disfrace).

“Cada participante nomeará un representante para formar parte do xurado cualificador (composto por tantos membros coma comparsas e disfraces participen no desfile), que despois de asistir ao desfile valorarán a  cada comparsa menos á que representa, en canto a orixinalidade dos disfraces, coreografía, escenografía, elaboración de vestiario e elaboración da carroza”, indican dende o Concello.

 

 

Segundo as bases, para a modalidade de comparsa establécese un primeiro premio de 600 euros, un segundo premio de 300 euros e un terceiro premio de 200 euros, “o resto das comparsas participantes recibirán 100 euros”, puntualizan. Para a modalidade de disfrace individual haberá un único premio ao mellor disfrace dotado con 60 euros. Estes premios, que estarán suxeitos ao disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, entregaranse na rúa Real, diante do Concello, ao remate do desfile.

Para participar no desfile é preciso inscribirse antes do 7 de febreiro na Casa da Cultura ou na Sede electrónica do Concello de Quiroga, onde tamén se poden consultar as bases, aportando a documentación precisa.

 

Artigos relacionados

Back to top button