Pouco antes da medianoito do ventres 11 de setembro producíase un accidente de tráfico na N-120 a causa dun xabaril. Tal como indican dende os servizos de emerxencia o atropelo do animal producíase arredor das 23:50 horas no punto quilométrico 464, no límite entre os concellos da Rúa e Vilamartín de Valdeorras. O vehículo circulaba dirección A Rúa e malia non haber feridos, o coche sufría serios desperfectos e o xabaril resultaba morto.
Ata o lugar do suceso acudía a Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da Rúa.

Fotos cedidas.