ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico en Candís (O Barco de Valdeorras)

 

Novo accidente de tráficos nas estradas valdeorresas. Menos de 24 horas despois da saída de vía en San Xusto (Carballeda) que se saldaba cun ferido leve, producíase outro accidente, desta volta no concello do Barco de Valdeorras.

O 112 Galicia recibía o aviso en torno ás seis da tarde. Tal como pode verse na imaxe un turismo envorcaba sobre o asfalto no PK 44 da N-536, nunha zona en obras na estrada de Candís. No coche unicamente viaxaba o condutor que resultaba ferido leve, segundo informan dende os servizos de emerxencia.

Ata o  lugar dos feitos desprazábase a Policía Local do Barco, o GES Valdeorras, o 061, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button