Arredor das 12:44h. deste domingo 20 de xuño producíase un accidente de tráfico na estrada OU-703 (de Trives a Cova) que comunica a Estación de Montaña de Manzaneda coa Pobra de Trives, segundo o 112 Galicia. Un vehículo saíase da vía, resultando ferido o seu ocupante.
Dende o 112 Galicia mobilizábase ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Trives e tamén se daba aviso ao GES de Castro Caldelas.
A persoa ferida foi trasladada ao Hospital Público de Valdeorras en ambulancia.
Fotos cedidas.