ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico na N-120 por mor duns xabaríns á altura de Veigamuíños (O Barco)

 

Na noite deste 21 de novembro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 á altura de Veigamuíños (O Barco), nunha zona de moi escasa visibilidade. Os vehículos que circulaban pola vía víanse sorprendidos por un grupo duns oito xabaríns que cruzaban a estrada.

Pese aos intentos por evitalos, finalmente dous deles resultaban atropelados e un vehículo danado na súa parte frontal dereita. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

 

Artigos relacionados

Back to top button