Ourense

Accidente de tráfico na OU-0703 en Trives

 

Arredor das 18:30h. desta tarde un vehículo saíase na vía ao seu paso polo concello da Pobra de Trives. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia e feita pública por esta entidade, “o vehículo saíuse da vía cando circulaba pola OU-0703, á altura do punto quilométrico 3. Como consecuencia, unha persoa resultou inconsciente e, necesitaba axuda para abandonar o coche”.

A partir de aí, os xestores do 112 alertaron enseguida aos profesionais sanitarios, ao GES de Castro Caldelas e aos efectivos de Protección Civil da Pobra de Trives. “Unha vez no lugar, os equipos de intervención forzaron a porta do vehículo para liberar á persoa. Ata o punto tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e servizo de mantemento das estradas”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button