Continúan os accidentes de tráfico na N-120 ao seu paso pola comarca de Valdeorras. Na tarde deste domingo 13 de abril unha persoa resultaba ferida tras unha saída de vía na estrada nacional, preto do desvio da adega Quinta da Peza. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, “o vehículo quedara envorcado e co condutor ferido e sen poder saír do coche”.
O suceso tiña lugar en torno ás 18:20 horas e ata o lugar desprazábanse voluntarios de Protección Civil da Rúa, Garda Civil de Tráfico, unha patrulla de Seguridade Cidadá e bombeiros do Parque Comarcal que liberaban á vítima (único ocupante do vehículo siniestrado) que posteriormente foi atendida polo persoal sanitario e trasladada ata o Hospital Público Valdeorras.
Fotos cedidas.