ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico nas proximidades do Colexio Divina Pastora do Barco

 

Pasadas as dúas e media da tarde deste 15 de novembro producíase un accidente de tráfico no Barco, no que se vían involucrados un coche e unha motocicleta. O sinistro producíase na confluencia entre a rúa Curros Enríquez e a avenida do Bierzo, nas proximidades do Colexio Divina Pastora, segundo o 112 Galicia.

Como consecuencia do accidente resultaba ferido o condutor da motocicleta, que foi trasladado para recibir atención sanitaria, segundo confirmaban os veciños. Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato a Policía Local do Barco, o 061-Urxencias Sanitarias, o GES Valdeorras e os bombeiros.

Imaxe cedida.

Artigos relacionados

Back to top button