No mediodía deste mércores 5 de xuño producíase un novo accidente de tráfico na Rúa, nesta ocasión na céntrica rúa Progreso, preto do Concello, no que se vían implicados unha moto e un coche.
Tal como informan dende os servizos de emerxecia, a moto impactou lateralmente co coche resultando ferida a condutora que era levada ao Hospital Público Valdeorras.
Ao lugar dos feitos, que sucedían pasadas as 14:15 horas, desprazábanse voluntarios de Protección Civil da Rúa, a Policía Local, ambulancia do 061 e o GES Valdeorras.
Fotos: AVPC A Rúa.