A VeigaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico no municipio da Veiga

Momento no que a grúa retira o coche accidentado.

 

Na tarde deste mércores 16 de agosto producíase un accidente de tráfico no concello valdeorrés da Veiga. Concretamente era en Riomao, na estrada de Lamalonga e preto do Alto da Portela, onde en torno ás 15:15 horas envorcaba un turismo con dous ocupantes.

Era o mesmo implicado quen chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. “Indicaba que viaxaba coa súa dona e que lles envorcara o vehículo, estaban fóra, pero el precisaba asistencia sanitaria”, explican dende o 112 que poñían a situación en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes de Tráfico e da Policía Local. “Así mesmo, eran informados os Bombeiros de Valdeorras, os membros do GES e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade”.

Unha vez no lugar, “os efectivos do GES confirmaron que os feridos foran trasladados polos servizos sanitarios por precaución aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade”, destacan dende o 112.

Máis tarde chegaba a grúa para retirar o vehículo da estrada.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button