A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico provocado por un xabarín na N-120 ao seu paso pola Rúa

 

Os xabaríns que cruzan a menudo as estradas en Valdeorras, seguen a provocar accidentes. O último tiña lugar na noite do martes 10 de xaneiro na N-120.

Tal como informan dende Protección Civil da Rúa, o accidente producíase no Km. 471 no termo municipal da Rúa, onde un coche “saíase da calzada por esquivar un xabarín, sen danos persoais”, puntualizan.

Urxencias 112 chamada en torno ás 22:30 horas acudindo ata o lugar dos feitos catro voluntarios de Protección Civil para regular o tráfico. Tamén asistía o operario de limpeza de estradas e a grua de retirada de vehículos, quedando restablecido o tráfico sobre as 23:50 horas.

Fotos: Protección Civil A Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button