A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico sen feridos na Rúa

 

Na noite deste venres 19 de agosto producíase un accidente de tráfico nunha das entradas da Rúa, no cruce de Roblido.

Segundo contan dende os medios de emerxecia que ata alí se desprazaron, o condutor e único ocupante do coche viaxaba dirección O Barco cando sufríu unha baixada de azucre. Nese momento entraba na Rúa pero perdía o control do vehículo que impactaba contra un valado aínda que por sorte non resultou ferido.

Os feitos producíanse en torno ás 22 horas e ao lugar acudía a Garda Civil de Tráfico e  Protección Civil da Rúa que estivo regulando o tráfico ata que chegou o vehículo da DXT e despois ata a retirada do accidentado.

Foto: Protección Civil da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button