ConcellosÚltima horaVilamartín

Accidente laboral en Vilamartín de Valdeorras

 

No mediodía deste 1 de decembro un operario tiña que ser trasladado despois de “caerlle enriba unha pedra de grandes dimensións en Vilamartín de Valdeorras”, tal como informan dende o 112 Galicia, puntualizando que os feitos tiñan lugar nunha nave situada no punto quilométrico 460 da N-120, á altura da localidade de Arcos.

O 112 Galicia rexistraba o accidente laboral ao fío das 14 horas, a través dunha persoa particular que indicaba que “o operario tiña atrapada unha perna debaixo dunha pedra dunha tonelada”. Axiña, os xestores do 112 Galicia solicitaban a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e do GES de Valdeorras, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilamartín de Valdeorras.

Segundo indicaron os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Valdeorras ao 112 Galicia,”atoparan ao ferido liberado e accesible”. Pola súa banda, os servizos sanitarios, “malia mobilizar un helicóptero medicalizado, trasladaron ao operario nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia”, explican dende o 112.

Artigos relacionados

Back to top button