A RúaConcellosÚltima hora

Accidente na N-120 ao seu paso pola Rúa

 

Rozando as tres da tarde deste luns 8 de abril producíase un accidente de tráfico na N-120 ao seu paso pola localidade da Rúa, no que se vía implicado un único vehículo.

O suceso tiña lugar no km 465 e o coche que ao parecer sufría unha saída de vía, quedaba no medio da estrada polo que a circulación era regulada polos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén estaba Conservación de Estradas e Protección Civil da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button