EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Acción promocional dos viños da D.O. Monterrei para profesionais en Fisterra

 

A localidade de Fisterra (A Coruña) vén de ser testemuña da última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, na que estiveron presentes máis de oitenta profesionais dos sectores de restauración e hostalaría.

Cumprindo con todas as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, o Hotel Bela Fisterra acolleu unha ampla representación do canle HORECA, catadores ou escolas de hostalería, entre outros. Entre os mesmos atopábanse representantes de O Trebón, Hotel Bela Muxía, Taberna O Carro, Hotel Bela Fisterra, Taberna Patacón, Parador de Muxía ou a Asociación Turismo de Fisterra (a través do presidente Xoán Traba). Ademais de profesores de escolas de hostalería, tenente de alcalde e concelleira de Cultura de Fisterra (Juan Carlos Sar e Teresa Rodríguez, respectivamente), xornalistas, o presidente da Asociación Española de Xeoloxía, ou clientes do propio hotel, procedentes de Irlanda, EE. UU., Andalucía, Cataluña, País Vasco, etc.

Os participantes nesta iniciativa recibiron información sobre as características edafoclimáticas deste territorio vitivinícola, a súa tradición e historia, ademais de variedades de uva ou tipoloxías de viño. Así mesmo puideron coñecer as peculiaridades dos viños das 22 adegas que formaron parte desta acción promocional: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

 

“A Denominación de Orixe Monterrei non pechou en agosto, quizais sexa esta é a época na que máis debemos reforzar a nosa de imaxe de marca. É importante que os profesionais de hostalería e restauración coñezan os nosos brancos e tintos e por que constitúen a mellor opción para os seus comensais. A nosa promoción non só vai dirixida ao consumidor final, como puideron ser as recentes actividades levadas a cabo con ocasión da Feira do Viño, senón tamén a traballar distintas canles de venda, e reforzar así o arduo traballo que levan a cabo as nosas adegas ao longo do ano”, destaca a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

Artigos relacionados

Back to top button