EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Accións formativas sobre dixitalización en viticultura, nas catro Denominacións de Orixe da provincia

Esta actividade, promovida polo Inorde, chegará o 18 de agosto ao Consello Regulador da D.O. Valdeorras

Fachada do C.R.D.O. Valdeorras.

 

O Inorde promove a dixitalización en viticultura a través dunha acción formativa que consiste nunha xornada teórico-práctica baixo o título “Apoio á toma de decisión en viñedo” que organiza en cada unha das catro Denominacións de Orixe da provincia de Ourense.

Enmarcada dentro do proxecto europeo Red Agriconect 4.0, esta iniciativa está dirixida a adegas e a empresas do sector vitivinícola, para “dotar de ferramentas ao sector vitivinícola para que poida transformarse dixitalmente, nun momento actual no que a tecnificación e o emprego das novas tecnoloxías é imprescindible na maioría dos sectores produtivos para poder aumentar a súa rendibilidade tanto en relación á diminución de custes de cultivo como no aumento de beneficio que lle pode reportar a mellora no referente á calidade como, por exemplo, a apertura a un mercado cada vez máis global”, explicou a xerente do Inorde, Emma González.

Un correcto manexo das enfermidades e pragas que poden atacar ó viñedo, baseado nun coñecemento exacto das condicións meteorolóxicas que lle afectan os mesmo, converterase (se non o é xa) en práctica fundamental nas estratexias que conforma a xestión integrada de pragas; por tanto, o emprego de sensores e ferramentas dixitais permitiranlle ó viticultor establecer programas de loita que, por un lado, lle aseguren a necesaria rendibilidade do seu traballo, pero que, por outro, axuden a manter o medio natural nun estado saudable.

Ademais a posibilidade de emprego de métodos de imaxe remota, como os drons, e a interpretación do seu procesado axudaran á hora de establecer programas de fertilización racional ou a determinación de carencias nutricionais. Do mesmo xeito, o poder dispor de sensores específicos que non remitan información a tempo real, optimizarán os programas de rega e xestión de recursos hídricos, tentando diminuír os posibles episodios de estrés nas viñas.

En resumo, as xornadas organizadas polo Inorde pretenden “ofrecer unha visión de conxunto das solucións tecnolóxicas novidosas que, seguramente, axudarán a paliar os vellos problemas da produción de uva e viño”, dixo Emma González, quen salientou que un sector vitícola como o ourensán “debe adaptarse ao contexto actual e aplicar as novas tecnoloxías, sobre todo, cando estas lle van facilitar o día a día do cultivo e garantir a necesaria conservación do medio natural”.

Programación

 

 

primeira xornada será na Denominación de Orixe de Monterrei o día 11 de agosto. A parte teórica impartirase no Centro de Interpretación do Viño (fronte ao Hospital de Peregrinos), mentres que a visita en campo será na Finca Experimental que traballa o Inorde en Monterrei. Ao día seguinte, o 12 de agosto, será a quenda para a Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, por elo, a parte teórica desenvolverase no Centro Social de A Teixeira e a parte práctica nun viñedo de altura da Adega Vella en Abeleda.

A formación continuará o 18 de agosto, na Denominación de Orixe de Valdeorras, onde a parte teórica se impartirá na aula do Consello Regulador de dita Denominación de Orixe, e a parte práctica nun viñedo que está ao carón do mesmo. Por último, o día 19 de agosto, concluirase esta iniciativa na Denominación de Orixe do Ribeiro, reunindo aos participantes na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA).

Artigos relacionados

Back to top button