CulturaCulturaÚltima hora

Acios de uvas con palabras da obra de Florencio Delgado Gurriarán decoran a rúa central do Barco

Trátase dunha iniciativa dos Equipos de Normalización Lingüística dos centros escolares e institutos barquenses en colaboración co Concello, con motivo das Letras Galegas 2022

 

Dende hoxe, venres 20 de maio, coincidindo co inicio das Festas de Santa Rita, a rúa central do Barco presenta unha decoración pendurada moi especial, vencellada a Valdeorras e ao poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán.

Trátase de acios de uvas elaborados en cartulina con palabras da obra de Florencio, da paisase valdeorresa, dos costumes, da fala… Unha iniciativa dosEquipos de Normalización Lingüística dos centros escolares e institutos barquenses en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button