PolíticaÚltima hora

Acordo entre socialistas e Son de Trives para un goberno en coalición presidido por Patricia Domínguez

Jorge Vázquez, da Marea trivesa, converterase no segundo tenente de alcalde
Logos do partido socialista e de Son de Trives.

 

O PSdeG-PSOE e Son de Trives veñen de acadar un acordo para un goberno de coalición en A Pobra de Trives. Así o acaban de facer público a través dunha nota de prensa conxunta. Os dous partidos políticos cogobernarán o concello coa socialista Patricia Domínguez Barja como alcaldesa e a presenza de integrantes da Marea trivesa no equipo de goberno, con Jorge Vázquez como segundo tenente de alcalde.

“Tras varias semanas de reunións e boa sintonía”, ambas forzas políticas acadaron un acordo “para dotar ao Concello de Trives e á súa veciñanza dun goberno de progreso”, segundo din no comunicado. Os dous partidos coinciden en que “o sábado será un día histórico para o noso concello no que por primeira vez Trives terá unha muller alcaldesa, sendo tamén a primeira vez que o concello conta cun goberno paritario”.

Tanto o PSdeG-PSOE como Son de Trives levan tempo “traballando para a investidura e para comezar a espertar un concello aletargado”, din. “Será unha tarefa difícil se ben aportaremos toda a nosa capacidade de traballo e ilusión para darlle á nosa veciñanza o futuro que merecen, a través dun goberno de esquerdas que na historia da democracia trivesa non se daba dende o mandato 83-87”, aseguran. O pleno de investidura será este sábado día 15 as 13:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button