ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Activada esta tarde a prealerta por desbordamento do río Sil no Barco

 

Esta tarde a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil activaba o nivel de prealerta por desbordamento do río nun dos seus puntos ao seu paso polo Barco. Nas últimas 24 horas este río rexistraba un aumento constante do seu caudal ata chegar aos 3,56 metros ás 18h. Ademais a súa tendencia é a seguir aumentando, aínda que pararon as chuvias.

 

Altura do río Sil nunha das estacións ao seu paso polo Barco, onde vén de activarse o nivel de prealerta por inundación. Datos ás 18h. do 11 de decembro. Fonte: CHMS.

 

Noutro dos puntos que contra a estación da CHMS ao seu paso pola vila valdeorresa, o río Sil ten activado o nivel de seguemento, pero aínda non entrou en prealerta. Ás 18h. alcanzaba os 8,66 m e baixaba cun caudal de 747,53 m3.

 

A outra estación da Confederación no Barco, onde está activado o nivel de seguimento por posible inundación. Datos ás 18h. do 11 de decembro./ Fonte: CHMS.

 

Numerosas persoas percorrían esta tarde o Paseo do Malecón (onde os accesos ao río foron precintados pola Policía Local do Barco) para ver e tamén tomar fotografías da sorprendente imaxe que ofrece o río Sil neste mes de decembro, e que lembran as rexistradas nestas mesmas datas no pasado ano 2019.

 

Gráfico da Confederación Hidrográfica do MIño-Sil que reflexa o estado dos ríos do Sistema Sil-Inferior e Cabe.

 

Activado o Plan Especial de Risco de Inundacións da Xunta nos ríos Arnoia e Támega

A Xunta de Galicia vén de activar o Plan Especial de Risco de Inundacións en Galicia en fase de alerta debido a un aumento do caudal en diversos cursos fluviais da comunidade. Os ríos que xa alcanzaron os niveis de alerta na provincia de Ourense son o Támega (en Castrelo do Val) e o Arnoia (en Baños de Molgas).

Fotos da galería: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button