OurenseÚltima hora

Actividades de formación e posta en marcha da moto de rescate, en Ourense

 

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense organizou actividades de formación e posta en marcha da moto de rescate. Consistiron no desenvolvemento de dúas xornadas no río que estiveron compostas por unha parte teórica sobre mecánica básica da moto e mantemento, e unha parte práctica sobre manexo da moto e viraxes.

A concellería destaca tamén “a chegada de novas equipacións para estas labores, que veñen supoñer unha máis das apostas de actualización e modernización propias dun parque de bombeiros no que faltaba o máis básico para acometer con seguridade tarefas tan necesarias como o rescate fluvial”.

 

Artigos relacionados

Back to top button