EconomíaEconomíaÚltima hora

Actividades infantís de maxia, humor e malabarismo no X Mercaberto do Barco, o 24 de agosto

Contarase coa presenza da compañía Troula que realizará diversas actuacións no marco da feira
Imaxe dun dos espectáculos de Troula Animación no Barco./ Foto: A.R.

No marco da celebración do décimo Mercaberto o vindeiro 24 de agosto no Paseo do Malecón do Barco non faltarán as actividades para os máis pequenos. Así este mercado de oportunidades que promove O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) contará coa presenza da compañía Troula, que “será a encargada de dotar dun ambiente lúdico e festivo a área do recinto ferial coas actuacións dos grupos Llilla e Fifo, Unha de Piratas e Rambanepasi”, tal e como se adianta dende a organización.

O Mercaberto celebrarase de xeito ininterrumpido de 11h. a 23h. o vindeiro venres. Deste xeito “pallasos, malabaristas, maxia e música serán a compañía perfecta para os máis pequenos da casa mentras os seus familiares desfrutan dun día de compras e rebaixas na feira de oportunidades”, indican dende o CCA.

O X Mercaberto contará coa participación de 13 establecementos que ofrecerán ao público os seus artigos con grandes ofertas e descontos en téxtil, alimentación, complementos, decoración, regalos e pastelería.

Artigos relacionados

Back to top button