
Está activo un incendio forestal na parroquia de Hospital, no concello lucense de Quiroga, que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.
O lume iniciábase ás 0:03 h. desta medianoite. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa e, ademais, traballan 3 avións e tres helicópteros. Tamén se prevé a incorporación de máis medios aéreos, segundo a consellería.